Protección de datos persoais
Estimado traballador protexido por Fraternidad-Muprespa:
A partir do 25 de maio de 2018 é de plena aplicación o Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
Coa aprobación deste Regulamento europeo séguese dando continuidade ao establecido no artigo 18.4 da nosa Constitución ao sinalar que “A lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos”. Foi a nosa carta magna, polo tanto, pioneira no obxectivo de poder estar en disposición dunha lei en materia de protección da información persoal de cada cidadán.
Podemos afirmar que o escenario que se presenta a partir do 25 de maio de 2018, data de aplicación do Regulamento UE 2016/679, non é completamente novo, xa que dende Fraternidad-Muprespa establecemos as bases para a posta en práctica das medidas de índole técnicas e organizativas requiridas por esta norma. Polo tanto, podemos asegurar que xa cumprimos os requirimentos necesarios para a salvagarda dos teus datos persoais.
Dada a consideración de Fraternidad-Muprespa como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, somos conscientes da especial atención, sensibilización e culturización que o noso persoal ha de asumir en relación aos datos persoais que tratamos.
Dende unha primeira análise tras a aprobación do Regulamento europeo en 2016, continuamos cun estudo do seu contido e unha progresiva adaptación aos seus requisitos, tanto no que se refire aos dereitos de todos os interesados cuxos datos tratamos, coma no referente ás obrigas que nos impón como entidade responsable do tratamento.
Nese sentido, o Regulamento UE 2016/679 atribúe maiores garantías aos cidadáns:
- Ampárante novos dereitos.
-
Ampliamos a información que habemos de facilitarche sobre o uso que facemos dos teus datos persoais, de tal xeito terás acceso aos datos de contacto da persoa da nosa entidade á que poderás dirixirte para calquera asunto relacionado cos teus datos persoais.
-
Reforzamos o consentimento para poder facer uso dos teus datos.
-
Confeccionamos novos acordos para os nosos provedores, os denominados contratos de encargado de tratamento.
Ao longo das seguintes cuestións que formulamos e respondemos, queremos ofrecerche unha sinxela guía sobre o tratamento dos teus datos persoais e o modo en que cumprimos as obrigas que nos marca a lexislación. Así mesmo, a nosa filosofía de dixitalización de todas as canles de servizo e acceso leváronnos a desenvolver fórmulas de exercicio dos dereitos que te asisten, nun contexto plenamente dixital.
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, n.º 275, con CIF G82287228, e domicilio social na praza Cánovas del Castillo, 3, 28014, Madrid.
Quen é o delegado de Protección de datos de Fraternidad-Muprespa?
D. Jorge Vidal Sanz, director do departamento de Seguridade de Sistemas de Información de Fraternidad-Muprespa, con domicilio de notificacións en praza Cánovas del Castillo 3, 28014, Madrid.
Como obtivemos os teus datos persoais?
Fraternidad-Muprespa recibe os teus datos persoais periodicamente, en formatos automáticos remitidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Nacional da Seguridade Social e dos Servizos Públicos de Saúde de cada unha das comunidades autónomas.
Adicionalmente, Fraternidad-Muprespa recibe os teus datos das empresas ou asesorías laborais ás que teñan encargada a xestión dos recursos humanos cando estas cumpren o volante de solicitude de asistencia sanitaria nos casos de accidentes de traballo.
Tamén, Fraternidad-Muprespa solicita os teus datos cando compareces nos nosos centros administrativos e asistenciais, e nos postos de admisión e xestores de prestacións, achegas os teus datos para cubrir o cuestionario de solicitude de asistencia, solicitude do pagamento directo, solicitude de prestacións económicas de distinta natureza, ou calquera outro trámite dentro dos incluídos nas prestacións de Seguridade Social.
Fraternidad-Muprespa obtén e trata os teus datos nos procesos de asistencia sanitaria que leva a cabo para a cobertura das prestacións sanitarias por continxencias profesionais, ben no ámbito ambulatorio —consultas e tratamentos— ou ben no ámbito hospitalario. Tamén recolle os teus datos de saúde no proceso de seguimento e control das baixas por incapacidade por continxencias comúns. Estes datos poden ser solicitados ben directamente por Fraternidad-Muprespa, ben por centros sanitarios concertados cos que Fraternidad-Muprespa ten establecidos contratos de encargado do tratamento.
Neste último caso, cando nos referimos aos datos de saúde, estamos a referirnos a datos especialmente protexidos e sometidos a medidas de seguridade adicionais.
Por último, Fraternidad-Muprespa solicita os teus datos de xeito telemático cando os facilitas a través de calquera dos formularios web que mencionamos máis adiante, nos nosos portais web.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?
O tratamento dos teus datos é necesario para o cumprimento das obrigas establecidas polas seguintes normas:
-
Real decreto 1993/1995, do 7 de decembro, de colaboración das mutuas coa Seguridade Social.
-
Real decreto 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.
-
Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.
-
Lei 35/2014, do 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
Como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa ha de conservar os teus datos persoais en virtude da relación legal de colaboración coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, xa que este é o motivo polo que se solicitan e tratan os teus datos persoais.
A negativa a facilitar os teus datos persoais impide o acceso ás prestacións económicas e sanitarias ás que tes dereito sobre a base da lexislación de Seguridade Social, en caso de incapacidade temporal, invalidez e outras prestacións adicionais, como cesamento de actividade de traballadores autónomos, coidado de menores enfermos graves ou baixas por risco durante o embarazo ou a lactación.
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Fraternidad-Muprespa limitarase a solicitarche os datos estritamente necesarios e empregaranse datos para as seguintes finalidades:
- Atención sanitaria, restablecemento da saúde ou recuperación do paciente e servizo de telemedicina. A achega dos datos persoais con esta finalidade ten carácter obrigatorio para conseguir os obxectivos como Mutua Colaboradora
-
Xestión das prestacións encomendadas a Fraternidad-Muprespa como Mutua Colaboradora, e que están incluídas na Lei xeral de Seguridade Social e as súas normas de desenvolvemento.
-
Selección de candidatos que opten a postos de traballo en Fraternidad-Muprespa.
-
Tratamento de reclamacións e queixas.
-
Xestións derivadas ao cubrir os formularios que están publicados no web de Fraternidad-Muprespa e que, a modo ilustrativo, indicamos a continuación:
Ademais, encontrarás varios formularios con ocasión da realización de eventos, xornadas ou talleres, que se publican no web de Fraternidad-Muprespa e permiten o rexistro online.
Entendemos que aceptas as condicións establecidas en cada formulario de recollida de datos anteriormente indicado se marcas a casa correspondente e premes o botón “ACEPTAR" que se encontra nos formularios. Especificamente, coa comunicación destes datos, consentes e autorizas:
-
A recepción de boletíns e comunicacións remitidos dende Fraternidad-Muprespa, que conteñen propostas de mellora e/ou prevención de saúde laboral, e información relacionada co sector das Mutuas, a Seguridade Social, a saúde e a tecnoloxía.
-
A confección de perfís sobre a base das comunicacións que emitimos e que sobre a base da túa resposta nos permiten mellorar as comunicacións que enviamos.
A que destinatarios comunicaremos os teus datos?
Fraternidad-Muprespa comunicará os teus datos, nos supostos considerados na lexislación vixente, ás seguintes administracións e organismos públicos:
- Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), para o pagamento de indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes e o recoñecemento de situación de incapacidade permanente.
- Servizos Públicos de Saúde, para propoñer a alta médica dunha baixa por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.
- Tesouraría Xeral da Seguridade Social, para a xestión de prestacións derivadas de incapacidade temporal.
- Administración Tributaria, para o cumprimento de obrigas fiscais.
- Ministerio de Emprego e Seguridade Social, e organismos e entidades que integran a Seguridade Social para o cumprimento da normativa de Seguridade Social.
Comunicaremos os teus datos a algún terceiro distinto dos mencionados arriba?
Os teus datos non serán comunicados a ningún terceiro sen a túa autorización previa e expresa, a excepción dos casos nos que o tratamento sexa necesario para cumprir unha obriga legal. Máis concretamente, cando para a correcta prestación dos servizos que Fraternidad-Muprespa vén obrigada a facilitar deba entregarse a algún provedor calquera dato identificativo, farase sen conexión ningunha co resto dos dispoñibles pola Mutua e coa sinatura previa do correspondente contrato, de acordo co establecido no artigo 28 do Regulamento UE 2016/679.
Por canto tempo conservamos os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse, sobre a base da normativa estatal actualmente existente, durante polo menos cinco anos dende a data de alta en cada proceso asistencial. O devandito prazo esténdese en función da normativa sanitaria específica de cada comunidade autónoma.
Non obstante, os datos permanecerán en situación de bloqueo durante os prazos que determina a normativa especificada anteriormente, co fin de poder atender as responsabilidades que se puidesen xerar. Unha vez transcorridos os devanditos prazos, procederase á súa supresión, agás que o interesado autorizara o seu tratamento para finalidades concretas por un prazo superior.
Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
- Acceder aos teus datos persoais para obter confirmación de se estamos a tratar os teus datos persoais.
- Solicitarnos a rectificación dos teus datos inexactos ou incorrectos.
- Solicitar a supresión dos teus datos cando estes xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
- Solicitar a portabilidade dos teus datos, é dicir, recibir os teus datos persoais nun soporte dixital para poder envialos a outra entidade.
- Retirar o consentimento que nos prestaches para o tratamento dos teus datos, en calquera momento.
- Solicitar a limitación do tratamento dos teus datos, en cuxo caso se conservan para o posible exercicio de reclamacións por parte do interesado.
- Opoñerte ao tratamento dos teus datos.
En calquera caso, Fraternidad-Muprespa é unha Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, e o tratamento que realiza dos teus datos está descrito e obrigado pola lei, polo que algúns dereitos non teñen unha aplicación directa. Poñeremos un exemplo: mensualmente a Tesouraría Xeral da Seguridade Social remite un ficheiro a cada mutua cos datos dos traballadores das súas as empresas asociadas a cada mutua, para xestionar as súas prestacións, as súas baixas por continxencia profesional ou común, o control das deducións das empresas por “pagamento delegado”, etc. Neste exemplo, estes datos son necesarios para o funcionamento do Sistema da Seguridade Social, e sobre eles non cabe o exercicio do dereito de oposición ou supresión.
Como podes exercer os teus dereitos?
Podes exercer os dereitos anteriormente descritos, xunto a unha copia dun documento que acredite a túa identidade, ante o delegado de Protección de datos de Fraternidad-Muprespa, cuxos datos de contacto incorporamos na cuestión sobre esta figura.
De igual modo, informámoste de que tes dereito a formular reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos.
Como protexe Fraternidad-Muprespa os teus datos persoais?
Fraternidad-Muprespa, dende o ano 2007, mantén implantado un Sistema de Xestión de Seguridade da Información (SGSI) de acordo coa norma UNE-ISO/IEC 27001:2014. Este SGSI foi auditado e certificado novamente en abril de 2018 pola Asociación Española de Normalización e Certificación, AENOR.
O SGSI que mantemos na nosa entidade abrangue todas as aplicacións e servizos informáticos desenvolvidos por Fraternidad-Muprespa, incluídas, entre outras, as aplicacións de medicina asistencial e a historia clínica electrónica.
A nosa entidade acredita o cumprimento das medidas técnicas e organizativas esixidas polo Regulamento UE 2016/679. Ao manter en vigor o certificado do SGSI, estamos a garantir un adecuado sistema de xestión recoñecido por un estándar internacional.