
Que debe facer un autónomo para cambiar de entidade?
Para poder adherirse como autónomo a Fraternidad-Muprespa, en caso de estar adherido a outra Mutua ou ao INSS, deberá realizar os seguintes pasos:
Cambio doutra mutua a Fraternidad-Muprespa
- Cubrir o escrito de solicitude de cesamento á súa actual Mutua, seguindo o modelo.
- Presentar por duplicado na súa actual Mutua a petición de cesamento antes do 30 de setembro do ano en curso.
- Presentar en Fraternidad-Muprespa (*) unha copia da petición de cesamento selada pola Mutua actual, antes do 30 de setembro do ano en curso.
Cambio do INSS a Fraternidad-Muprespa
- Cubrir o escrito de solicitude de adhesión, seguindo o modelo necesario.
- Presentar en Fraternidad-Muprespa (*) a solicitude de adhesión antes do 30 de setembro do ano en curso.
(*) IMPORTANTE: A documentación poderá enviala ou entregala no seu centro da Mutua máis próximo.